1. ALIBRATE
  2. HISTORIA, POLÍTICA Y CIENCIAS SOCIALES
  3. COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2

Sinopsis de COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2

Acadar os coñecementos necesarios en lingua galega tórnase fundamental á hora de adquirir un desenvolvemento pleno das competencias lingüísticas que teñan como finalidade a correcta utilización do idioma en todos os contextos e ámbitos, promovendo, deste xeito, a súa normalización e prestixio social. Este manual recolle a identificación dos trazos propios da lingua e os coñecementos para a súa utilización nos distintos ámbitos sociais, diferenciando as estruturas máis complexas das máis simples. No plano oral é preciso coñecer as distintas clases de palabras acompañadas da espontaneidade, repeticións e emotividade que caracteriza a fala cotiá dentro do contexto comunicativo. No plano escrito é importante que o alumno consiga identificar as ideas fundamentais e establecer un discurso coherente e de adecuada corrección ortográfica, coa finalidade de garantir unha escrita fluída. Esta obra completa, que inclúe casos prácticos para facilitar a comprensión do contido e diversas actividades para a avaliación da súa aprendizaxe, resultará unha ferramenta imprescindíbel para identificar os trazos definitorios da lingua galega aplicados á comunicación oral e escrita da nosa realidade lingüística cotiá. Ademais, trátase dun material didáctico de apoio que lle axudará a preparar as probas de competencia en lingua galega...

0 reseñas sobre el libro COMUNICACIÓN EN LINGUA GALEGA N2

TAMBIÉN SE BUSCÓ EN HISTORIA, POLÍTICA Y CIENCIAS SOCIALES