Sinopsis de ARQUITECTURA

Os dez libros que integran esta obra de Vitrubio están considerados a summa da arquitectura e a urbanística grecorromanas, e foron así recoñecidos e mesmo seguidos ata ben entrado o século XIX. O volume que presentamos é a edición facsímil dunha das máis famosas edicións españolas, a tradución do latín e o estudo que levou a cabo en Madrid en 1787 Joseph Ortíz. Está encadernado a todo luxo e inclúe 56 láminas con debuxos onde se reproducen fielmente as descricións de Vitrubio.Na súa Arquitectura, Vitrubio afonda na esencia desta ciencia, e vai describindo a contrución dos edificios, os tipos de columnas, o foro e as basílicas, pasando polos adros, os pavimentos, a pintura das paredes... E aínda chega máis alá, pois demostra a súa amplísima formación ao incidir tamén en eidos como a Astronomía (aborda a orde do universo, os planetas, a esfera terrestre) ou a Mecánica, aplicada á enxeñería civil e militar. Algunhas das curiosidades que resolve na súa magna obra son, por exemplo, cómo atopar auga, as propiedades dalgunhas fontes, cómo medir as millas dun camiño, inclúe así mesmo unha descrición dos reloxos ou as proporcións das ballestas. Cómpre lembrar que, por exemplo, a Muralla de Lugo —que é o único fortín romano que se conserva íntegro no mundo—, ergueuse seguindo as descricións que para este tipo de defensas ideou Vitrubio. Reproducimos un dos fragmentos da súa Arquitectura: En la fundación de una ciudad, será la primera diligencia la elección de paraje más sano. Lo será siendo elevado, libre de nieblas y escarchas; no expuesto a aspectos calurosos ni fríos, sino templados. Evitarase también la cercanía de lagunas; porque viniendo a la ciudad las auras matutinas al salir el sol, traerán consigo los humores nebulosos que allí nacen... Vitrub

0 reseñas sobre el libro ARQUITECTURA

TAMBIÉN SE BUSCÓ EN ARTE Y ARQUITECTURA


MOONWALK

MICHAEL JACKSON

Calificación General: 9,9Por leer

LA CAMARA LUCIDA

ROLAND BARTHES

Calificación General: 9,1Por leer