Calificar:

Sinopsis de A MORTE DAS LINGUAS

A metáfora da vida e da extinción das linguas é unha metáfora biolóxica que ten case tanto de imaxe como de crúa realidade. A morte das linguas aborda cada unha das facetas da desaparición xeneralizada de linguas en tempos recentes -os números, as causas, os efectos- e asemade ofrece argumentos a favor dunha ecoloxía lingüística viable nun mundo cada vez máis globalmente insensible ante as linguas e ante a linguaxe.O libro de David Crystal pretende responder a esas preguntas que todos os galegos nos facemos sobre a situación das linguas minoritarias e que tamén se poden aplicar á situación da nosa propia lingua. ¿É posible defender as linguas e evitar que sexan condenadas¿ ¿É posible salvalas? ¿É necesario ou desexable? ¿Como participar no diálogo intercultural, como poder dar e recibir das demais linguas sen ter que renunciar á propia? este libro que agora parece traducido para o galego, unha lingua das moitas que hoxe se ven ameazadas no mundo, dános algunhas claves para entender o que está en xogo cando se fala da morte das linguas e das linguas ameazadas.

0 reseñas sobre el libro A MORTE DAS LINGUAS

TAMBIÉN SE BUSCÓ EN RELIGIÓN Y FILOSOFÍA