Calificar
6,5 2 votos

Sinopsis de SEN PIEDADE

Unha novela escrita a tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade. Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. «Neno, o que ti necesitas é unha boa festa», dixera. E así foi como decidimos tomar prestado o coche do vello, un impresionante Dodge Charger do 68, e botarnos á estrada nunha viaxe feroz. A tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade.

Año de publicación:2018

2 reseñas sobre el libro SEN PIEDADE

Esta obra é moi semellante á novela policial, mesmo á novela negra, pero non chega a ser nin policial nin negra. A trama lévanos a unha historia de amizade, de amor, de fracaso, de silencios (as voces das mulleres) e de vidas que se torcen e que xa nunca máis poderán ser enderezadas. Pedro Feijoo xoga co lector desde o momento en que lle inculca o temor de que vai suceder algo grave, pero non será ata o final cando descubra a verdade. Nin tan sequera o narrador é consciente do que está pasando, o que alimenta aínda máis a aparición de novas preguntas e as ganas de coñecer as respostas. Os textos son breves, a linguaxe moi directa e mantense o suspense en todo momento, sen aburrir, como acontece últimamente con moitas novelas detectivescas. Desde o meu punto de vista, é un claro exemplo de novela de entretimento.


#Senpiedade e a novela de @pedrofeijoo que me mantivo ausente do mundo os dous últimos días. Un libro que combina moi ben o amor e a acción sen esquecer a intriga que mantén ata rematar o libro nos últimos capítulos. . Unha linguaxe moi doada de seguir, ben explicada e bastante directa. Ademáis a maravilla de ter a cidade de Vigo, ou Santiago de compostela de fondo, que sempre lle da moito mais realismo a historia. . Pero o que mais me gustou desta novela, sen duda, é o amor. Esa historia de amor tan bonita, tan verdadeira, e tan complicada... " e ese foi o momento. Ese mesmo, o segundo exacto en que a terra deixou de xirar." "-Cantas estrelas ves? - Volveu preguntar, achegandose un pouco mais a min. E sorrin. - Agora nada mais unha."


Más libros del autor PEDRO FEIJOO


UN FUEGO AZUL

PEDRO FEIJOO

Calificación General:8,6

También se buscó en LITERATURA JUVENIL


SERE FRAGIL

BEATRIZ ESTEBAN

Calificación General:9,0

DIOSA

JOSEPHINE ANGELINI

Calificación General:8,7