1. ALIBRATE
  2. INFANTIL
  3. QUITAME EL PAÑAL, ¡QUE YA ME DA IGUAL!

INFANTIL

QUITAME EL PAÑAL, ¡QUE YA ME DA IGUAL!

SONIA MARTINEZ

Calificar:

Sinopsis de QUITAME EL PAÑAL, ¡QUE YA ME DA IGUAL!

O avó, lonxe de burlarse desta ocorrencia ou negar tal probabilidade, ofrécelle unha solución rápida para resolver a situación: Non pasa nada! Se aparece un barco pirata, detrás desta rocha e non nos verán. Malia a resposta tranquilizadora, a partir deste momento, sucédese unha concatenación de novas posibilidades de perigo por parte do pequeno (un cangrexo xigante, un tiburón, unha ola grande...), que o avó resolverá con inventiva e humor, sen perder un ápice de paciencia. “Gústame que o avó entre no mundo do neno e trate os seus medos en serio. Dá unha reposta creativa e en harmonía coa imaxinación do seu neto”, valora Tim Bowley, quen repite con OQO, tralo seu debut con Jack e a Morte. O medo é un mecanismo de autoprotección moi útil no crecemento psico-emocional dun neno, xa que activa reaccións imprescindibles para saber enfrontarse a perigos e a situacións de ameaza na contorna. A superación dos medos durante a infancia permite crecer, madurar e adquirir autonomía. Por iso, máis que negar ou ignorar a súa existencia, os adultos debemos axudar a combatelos, sen caer na sobreprotección, un erro no que non incorre este avó. Pola contra, mantendo sempre a calma, incita a tomar medidas imaxinativas e resolutivas para superar complicacións. Algúns adultos censuran o medo infundado dos pequenos. Con isto, o único que se consegue é danar o súa autoestima, xa que interiorizarán que o correcto e o pretendidamente “normal” é non sentir temor. Desta forma, crébase a súa confianza, increméntanse as súas inseguridades e, consecuentemente, estes medos irán a peor. É fundamental non banalizar sobre o que o neno está preguntando (E, cando esteamos nadando, que pasa se un cangrexo xigante nos quere comer?), senón intentar comprendelo (Se un cangrexo xigante nos quere comer, facemos coma que somos tiburóns e o cangrexo levará un bo susto). Necesita, sobre todo, sentirse tranquilo e ter preto referencias importantes de comportamento: neste caso, as do avó.

0 reseñas sobre el libro QUITAME EL PAÑAL, ¡QUE YA ME DA IGUAL!

TAMBIÉN SE BUSCÓ EN INFANTIL


GREGOR 4

SUZANNE COLLINS

Calificación General: 9,5Por leer

FERALS 2: ENJAMBRE

JACOB GREY

Calificación General: 9,1Por leer

CUENTOS ESCOGIDOS

OSCAR WILDE

Calificación General: 9,2Por leer