Obrigado a agardar durante varias horas no aeroporto de Pequín debido ás inclemencias do tempo, penso que xa estarán as chuvias caendo sobre o Eume Unha mesta brétme e unha grande xistra impiden despegar. Onde queira que vaia: perigo e dificultades. Faga o que faga: complicacións e fracasos. O mesmo que en Madrid perdo o Metro, agora nestoutro continente detéñenme adversos aires. Envellezo en cada aeroporto. Envellezo en cada terminal. Envellezo en cada sala de espera. Onde van para estas horas? Poderei reclamalas ao final dos meus días? Como nimbo vagabundeo a mercé dos altofalantes. Como nimbo vagabundeo a mercé das pantallas. A azafata de información sorrime e entrégame unha posta de salgueiro. T'u Lung escribiu esta máxima: Un bo viaxeiro é o que non sabe onde vai. Un viaxeiro perfecto é o que non sabe de onde vén. No aeroporto de Pequín o río humano de pasaxeiros perdidos tamén se chama Eume.